Carburoid

Enche máis barato, máis preto

App Open Source para Android para atopar estacións de servizo baratas

Captura de pantalla principal de Carburoid
Datos oficiais

Datos oficiais

Usamos datos oficiais que envían as estacións de servizo aos reguladores. Actualmente cubrimos España, Francia e Portugal.

Só estacións relevantes

Só estacións relevantes

Carburoid descarta estacións que non melloran o prezo das máis próximas. Isto reduce a lista de candidatas de miles a unhas poucas decenas.

Ti decides

Ti decides

Os prezos melloran conforme baixas na lista, pero tamén aumentan as distancias. Ti decides ata onde paga a pena ir polo aforro.

Ida e volta ou ruta con desvío

Ida e volta ou ruta con desvío

O modo “Ida e volta” só considera a distancia entre a túa posición e a estación. Se marcas un punto de destino, calcúlase a distancia incluíndo o desvío.

Liberdade como funcionalidade

Liberdade como funcionalidade

A licenza AGPLv3 protexe a túa liberdade como usuaria. O código mantéñeno a comunidade e calquera persoa pode auditorialo. Sen espías. Sen recollida de datos. Sen promoción paga das estacións de servizo. F‑Droid garante que os binarios proceden do código fonte tal como se publicou.

Traducións

Traducións

Poñemos especial coidado en apoiar as linguas minoritarias. É un esforzo comunitario — traduce a túa lingua con Weblate.